Estrelas da ciencia. Galileo

3 Febreiro 2012
Galileo

O oito de xaneiro cumplíronse 370 anos da morte de Galileo Galilei, un astrónomo, filósofo, matemático e físico que viveu en Italia no século XVI. Considerado o pai da astronomía e da ciencia moderna.

Naceu en Pisa o 15 de febreiro de 1564 e morreu en Florencia o 8 de xaneiro de 1642.

Estudou medicina e despois ensinou Matemáticas en Pisa e máis tarde en Padua.

En 1632 publicou o libro “Diálogos sobre os sistemas máximos” e máis tarde “Consideracións e demostracións matemáticas sobre dúas novas ciencias”.

Os seus estudos sentaron as bases da mecánica moderna.

INVENTOS:

-Termómetro

-Mellora do telescopio

-Péndulo

DESCUBRIMENTOS IMPORTANTES

-Velocidade de caída dos corpos

-Traxectoria dos proxectís

-Uso do péndulo para medir o tempo

-Cráteres da Lúa, fases de Venus,

-Manchas solares, satélites de Xúpiter

-Explicou os movementos da Terra sobre sí mesma e arredor do Sol.

-Defendeu o heliocentrismo, teoría que explicaba que os Sol era o centro do universo e os planetas xiran arredor del.