Estrelas da Ciencia. Benxamín Franklin

3 Maio 2011
B Franklin

O 17 de abril cumplíronse 221 anos da morte de Benjamín Franklin, un científico,  inventor e político estadounidense.

Naceu en Boston o 17 de xaneiro de 1706 e morreu en Filadelfia o 17 de abril de 1790.

A partir de 1747 dedicouse principalmente ao estudo de fenómenos eléctricos.

En 1752 levou a cabo en Filadelfia o seu famoso experimento cun papaventos. Atou un papaventos co esqueleto de metal a un fío de seda que levaba nun extremo unha chave, tamén metálica. Facéndoa voar un día de tormenta  confirmou que a chave se cargaba de electricidade, demostrando así que as nubes están cargadas de electricidade e os raios son descargas eléctricas. Grazas a este experimento fixo o seu máis famoso invento, o pararraios.

Algúns inventos de Benjamín Franklin: forno de Franklin, lentes bifocais, humidificador para estufas e chimeneas, contaquilómetros.

Estudou a correntes mariñas e foi o primeiro científico en describir a corrente do Golfo.