Estrelas da Ciencia: Aller Ulloa

10 Febreiro 2011
Aller

Naceu en Lalín o 3 de febreiro de 1878 e finou o 28 de marzo de 1966 aos 92 anos.

Foi sacerdote, astrónomo e matemático. Estudou Teoloxía no seminario de Lugo e Ciencias Exactas na Universidade de Madrid. Dominaba dez idiomas.

En 1912 constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia.

Pasaba mirando as estrelas tódalas horas que lle deixaban libres as súas ocupacións docentes e pastorais.

En 1939, é encargado de explicar Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago e cinco anos máis tarde créase para el a Cátedra de Astronomíae e prepara un observatorio na Universidade. Nel prosegue os seus estudos do firmamento, en estreita relación cos principais astrónomos europeos do momento.

Foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións  mundiais, inventor de aparellos de observación, de medición, algúns deles adoptado polo observatorio de París...

O inglés Wilkins púxolle o nome de Aller a un cráter da Lúa.

En Lalín hai unha escultura feita por Francisco Asorey.

Aller-v