Estrelas de ciencia: Lavoisier

6 Xuño 2011
Lavoisier

O oito de maio cumplíronse 217 anos da morte de Antoine Laurent de Lavoisier químico, biólogo e físico francés, un dos protagonistas principais da Revolución Científica.

Naceu o 26 de agosto de 1743 en París. Estudou Dereito e Ciencias Naturais e dedicouse á investigación científica. Foi elexido membro da Academia de Ciencias en 1768 e ocupou diversos cargos públicos, entre eles de director estatal dos traballos para a fabricación da pólvora en 1776.

Lavoisier está considerado o fundador da química moderna polos seus estudos sobre a oxidación dos corpos, a respiración animal e a súa realación cos procesos de oxidación, as combustións, análise do aire e da auga, emprego da balanza para establecer relacións cuantitativas nas reaccións químicas (Lei de Conservación da Masa), estudos de calorimetría.

Lavoisier chamoulle aos compoñentes da auga osíxeno e hidróxeno. Xunto co químico francés Claude Louis Camelot e outros concebiron unha nomenclatura química, uns sistema de nomes que serve de base ao sistema moderno.

Aclarou o concepto de elemento químico como substancia simple que non se pode dividir mediante ningún método de análise química coñecida e elaborou unha teoría sobre a formación de compostos a partir do elementos.

Nos seus traballos de laboratorio participaba a súa muller Marie, quen se encargaba de redactar os cadernos.

Lavoisier

Lavoisier e Marie

Foi guillotinado polo goberno da República o 8 de maio de 1794, aos 50 anos, polos seus traballos no réxime anterior.

Os científicos da súa época tentaron salvalo e o presidente do tribunal pronunciou a famosa frase “A República non precisa sabios”. Ao día seguinte Lagrange dixo “Bastou un instante para segar a súa cabeza, terán que pasar cen anos antes de que naza outra igual”.