A estrela de Belén

3 Xaneiro 2011
Estrela Belén

A estrela de Belén aparece representada en todas as ilustracións de Nadal enriba do pesebre ou guiando aos reis Magos no seu camiño desde Oriente.

Cóntase no Evanxeo de Mateo que os Reis Magos viron aparecer polo Oeste unha estrela que seguiron ata que se parou no lugar onde naceu Xesús.

Non está moi claro se realmente era unha estrela, un planeta, un comta ou calquera outro fenómeno astronómico. Desde tempos antigos diversos científicos e estudosos tentaron dar unha explicación a este fenómeno. Recollemos algunhas como exemplo.

Cometa?

Astrólogos chineses e coreanos rexistraron dous cometas entre os anos 6 e4 a.C. O pintor Giotto representao nun cadro.

Conxunción de planetas?

En 1614 o astrónomo alemán Johannes Kepler determinou que no ano 7 antes de Cristo houbo unha serie de tres conxuncións dos planetas Xúpiter e Saturno e tentou relacionalo coa Estrela de Belén.

En 1968 Roger Sinnot determinou que houbo unha conxuncións de Xúpiter e Venus que se puido ver como unha gran estrela brillante, no ano2 a.C.

Chuvia de meteoritos ou asteroides? (bólidos).

Eclipse de Xupiter?

Michael R. Molnar fala dunha doble ocultación de Xúpiter detrás da Lúa en Aries, no 6 a.C. pero é dificil creer que o puideran ver sen telescopios.

Nova?

Unha nova é unha estrela que, debido ás explosións que se dan na súa superficie, sofre un aumento do seu brillo. Os astrónomos chineses e coreanos rexistraron unha estrela deste tipo que se puido ver durante máis de 70 días entre as constelacións da Águia e Capricornio.

Combinación de varios fenómenos?

Mark Kidger do Instituto de Astrofísica de Canarias e Humpheys da Royal Astronomical Society explican que puido ser unha cadea de sucesos: conxuncións planetarias e aparicición dunha Nova, o que chamaron a atención dos Magos de Oriente.

Giotto

Giotto pintou a estrela de Belén con forma de cometa arredor do ano 1304,posiblemente influído pola presenza naqueles tempos do cometa Halley