Estrano tiburón en augas galegas
Trátase dun tiburón de profundidade do que hai moi poucos rexistros no mundo e de bioloxía pouco coñecida. Iste exemplar medía 161,3 cm aproximadamente.
O tiburón duende pode acadar entre 2 e 3,8 mde lonxitude. O fuciño é longo e aplanado, a mandúbula longa e estreita e pode proxectarse cara a fóra. É de cor branca, rosada no tronco e máis azul nas aletas. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos.
Atópase no Atlántico occidental e oriental, no Índico occidental e no Pacífico occidental, desde Xapón ata Australia.
O exemplar de tiburón foi recollido pola CEMMMA, dentro do proxecto "Divulgando a pé de mar", financiado pola Consellería do Mar, no que grazas á colaboración e participación do sector pesqueiro, preténdese estudar a relación entre a actividade pesqueira e o medio mariño, e máis concretamente, as interaccions cetáceos-pesca.
http://www.youtube.com/watch?v=Y0C6bo87oRc