Están sans os océanos?

7 Abril 2013
océanos saúde1

A pesar de que se falaba do concepto de “saúde oceánica”, os científicos non tiñan forma de medir a saúde dos océanos ata hai pouco.

Para lograr isto,moitos investigadores e institucións crearon o Índice de Saúde dos Océanos. Consiste en analizar o estado das augas que rodean 171 países e territorios costeiros, poñendo unha puntuación total a cada país, que é o resultado da media das súas puntuacións en relación a dez obxectivos  importantes para a saúde oceánica, como o aprovisionamento sostible de alimentos, as actividades recreativas, as oportunidades pesqueiras e a biodiversidade. As dez condicións deben cumprirse para que os mares se consideren saudables, aínda que a importancia relativa de cada un deles varía dun lugar a outro.

Este índice non é unha medida da limpeza dos océanos, se non que avalía a sostibilidade coa que o mar proporciona todo o que a xente necesita.

Este índice, a parte de ter importancia para a xestión por parte dos seres humanos, é un paso moi importante para mellorar a saúde dos mares, xa que isto non se podería facer sen coñecer antes na situación na que se atopan. Os políticos e os xestores poderían empregar este índice para a guía e a toma de decisión sobre o océano e, por exemplo, saber máis sobre o aproveitamento que podería ter para producir enerxía.

Por suposto, as distintas persoas e países poderían asignar prioridades diferentes a cada obxectivo.Este índice é importante porque é útil en calquera negociación, nos posibles compromisos e reunións, co fin de mellorar a xestión dos produtos e beneficios dos mares e océanos.

Océanos saúde