En que está pensando?

Qué pasa pola mente dun home cando ve unha muller atractiva?
2 Novembro 2011
home-muller

Cando isto ocorre, os homes comezan a mostrar a súa virilidade mediante actos  que lle permitan facerse notar para optar á oportunidade de conquistala.

Esta mostra de valentía e bravuconería por parte dos homes é a mesma que, por exemplo, a cornamenta nos animais.

Con respecto a isto, un grupo de investigadores, pertencentes a  universidades chinesas, realizaron un estudo para averiguar o xeito que teñen os homes de relacionar a guerra, e toda a valentía que alí se demostra, coa hora de atopar parella.

Para averigualo, mostráronselle a un grupo de homes varias fotos de mulleres e pedironlles que desen a súa opinión sobre a guerra, logo de ver cada unha das fotos.

Cando se lles mostraba a foto dunha muller atractiva, as respostas eran favorables con respecto ás prácticas bélicas. Cando, polo contrario, a muller que aparecía na foto era menos agraciada, non se obtiveron respostas que defendían a guerra.

Este comportamento, meramente masculino, de relacionar a guerra e a conquista supón un resto evolutivo que provén dunha época previa á aparición do Homo Sapiens. Así pois, isto explicaría o porqué de seguírense producindo actualmente violacións e saqueos.