España dá un paso máis no camiño do antídoto contra o SIDA

2 Decembro 2011
sida-vacina

Despois de ser altamente eficaz en ratos e monos, este prototipo de vacina comezou a probarse en seres humanos o pasado ano. Nesta fase I ensaiouse con 30 persoas sas.

A inoculación da vacina nun voluntario san pretende entrena-lo seu sistema inmunolóxico para detectar e aprender a combater eses compoñentes do virus.

Das 30, 24 recibiron a vacina en tres doses, e os outros 6 tratáronse con placebo. Nos dous casos, o seguimento foi de 48 semanas. Presentaron poucos e leves efectos secundarios (cefaleas, dor na zona da inxección ou malestar), polo que se pode afirmar que a vacina é segura para continuar co seu desenvolvemento.

Pois ben, os resultados foron os seguintes: o 95%  dos pacientes xerou defensas e o 85% conseguiu mantelas durante un ano.

Ademais, mentres que outras vacinas estimulan células ou anticorpos, esta logrou estimular ámbolos dous. A pesar disto, os seguintes estudos terán que demostrarnos se estas defensas son suficientes para poder protexer ó ser humano do virus.

Agora, aos investigadores tócalles facer outro ensaio clínico, pero esta vez con voluntarios infectados polo VIH, para saber se esta vacina, ademais de previr podería trata-la enfermidade.

Este prototipo está diseñado para combate-lo subtipo B do virus, que é o de máis prevalencia en Europa e América.