Como escoitar sen oído

A pequena rá Gardiner é quen de captar sons sen órgano auditivo
17 Novembro 2013
Imaxe da rá Gardiner

A rá Gardiner que vive nas selvas das illas Seichelles é unha das especies máis pequenas do mundo, xa que apenas alcanza os 11 milímetros.

Xeralmente as rás non teñen un oído externo coma os humáns, pero poseen un oído medio con tímpano que se encontra sobre a superficie da cabeza. As ondas de son que entran polo oído medio fan vibrar o tímpano e este conduce a vibración a través das cadeas de osiños do oído interno, desde onde se enviarían as sinais ao cerebro. Pois ben, este diminuto anfibio, carece de tímpano e oído medio, co que en teoría considerarías imposible oír e tacharíamolo de xordo, pero non é así. Científicos, despois de facer varias probas e experimentos, descubriron que a rá canta e responde ás chamadas dos seus semellantes.

Transmisión do son na rá Gardiner

Para averiguar cal era o mecanismo que utilizaba o animal para escoitar, escanearon o cranio deste e reproduciron varias simulacións de ondas sonoras da chamada de outra rá para ver cómo reaccionaba e comprobar si a estrutura do óso do cranio era o que repercutía o son, mais cal foi a sorpresa cando descubriron que no seu lugar, o son resoaba na cavidade da boca cunha frecuencia de 5,738 hercios, actuando coma un amplificador.

A partir deste descubrimento os científicos afirman que a rá utiliza a boca para oír e traslada as repercusións ao oído interno.