Escandaloso descubrimento para crear materiais nanoporosos

3 Marzo 2012
nanoporosos

Para conseguir sintetizar un material desta natureza é necesario partir dunha lámina polimérica formada polo menos de dous polímeros diferentes.

Un destes polímeros tiña que estar interconectado e accesible dende o exterior para ser extraído e poder conseguir o material poroso.

Este descubrimento permite obter un material poroso incluso a partir de estruturas cun polímero pechado, o que abre a posibilidade de aplicarlo á moitas estructuras semellantes. Ter un material tan poroso con tanta área dispoñible, en tan pequeno espazo, é moi útil, xa que moitas reaccións ocorren máis rápido sobre superficies e tamén porque así, pódense encher os poros co que se queira: metais, polímeros, moléculas,…

A vantaxe destes métodos químicos  de produción empregados é que se poden realizar nun laboratorio a un coste moi pequeno e que son escalables industrialmente.

Ademáis este descubrimento é moi importante porque a obtención dos materiais nanoporosos coida o medio ambiente, xera novas enerxias e tamén xera o desenvolvemento da biotecnoloxía.