A erupción do Mont Pelèe

30 Maio 2013
Pelée

O 25 de abril de 1902, o cráter do volcán Mont Pelée das illas da Martinica, nas Antillas, dera  sinais de actividade e o 5 de maio volcou un alude fervendo que ocasionou as primeiras vítimas e os primeiros danos.

Era un aviso do que estaba por chegar, pero como en moitas ocasións nadie fixo caso.

Tres días despois o día oito, as oito e dous minutos da mañá, produciuse a violenta erupción que destruíu a cidade de Saint Pierre situada a nove kilometros do cráter, morreron máis de 40.000 persoas.

Oiuse primeiro unha detonación fortísima e tras ela surxiu unha xigastesca e densa nube ardente composta de óxido de carbono a 1.800 graos de temperatura que, precipitándose por un barranco, acadou a cidade en menos dun minuto, matando por asfixia e calor a todos os habitantes de maneira instantánea.

Ante os ollos atónicos das tripulacións dos barcos que puideron salvarse comenzou a xurdir lentamente do cráter unha enorme columna de basalto en forma de agulla máis alta que a Torre Eiffel. Dende o 3 de novembro de 1902, ata agosto de 1903 en que desapareceu, chegou a elevarse ata 1.575 metros de altura.

O único supervivente desta pavorosa catástrofe foi precisamente, por cousas do destino, un home que non podía fuxir, un preso negro. Mentres os ferros do cárcere se  fundían el sobreviviu no fondo da súa mazmorra sen luz situada a varios metros baixo o solo.

Pelée1