A erupción do Mont Pelée

6 Xuño 2011
Pelée

O Mont Pelle é un estrato volcán activo moi destrutivo co cono formado por capas de cinzas volcánicas e lava solidificada.

Está situado nunha cadea de illas volcánicas que se estende entre Puerto Rico e a costa de Venezuela, na zona de contacto entre a Placa do Caribe e a Placa Sudamericana. A placa Sudamericana métese (subduce) por debaixo da do Caribe a un ritmo de1 a2 cmpor ano e ao afundirse no magma alimenta as caldeiras ds volcáns da zona e provoca movementos sísmicos.

A erupción de maio do 1902 durou seis días, causou 30.121 mortes e arrasou completamente a rexión destruíndo totalmente a cidade de San Pierre, a capital da Martinica e danando gravemente outras poboacións como Morne Rouge, Prêcheur, Grand-Rivière, Basse-Pointe e Ajoupa-Bouillon.

Esta erupción ten algúns récords: foi o peor desastre volcánico do mundo en perdas humanas no século XX; e foi a terceira máis mortal da historia despois do Tambora (1815) e do Krakatoa (1883).

Despois da erupción, en octubre de 1902, comezou a formarse unha gran torre ou espiña volcánica ao comprimirse unha masa de lava viscosa e subir pola boca do cráter. En marzo de 1903 derrubouse. A última erupción tivo lugar en 1932.

Pelée-a