Era o Tiranosaurus rex tan temible como o imaxinamos

10 Marzo 2013
Tiranosaurus rex

Pois si, o tiranosaurio era, e continúa sendo a día de hoxe, o cuarto Terópodo (tipo de dinosaurio que habitou a terra dende o triásico ata o cretácico) máis grande da historia da Terra.

Para falar deste gran carnívoro temos que remontarnos a finais do cretácico, fai aproximadamente 67 millóns de anos, e á zona do Maastrichtiano,  hoxe coñecida como Norteamérica.

Normalmente, o t.rex habitaba nos bosques subtropicais, nas zonas con ríos, lagos e bosques con abundantes árbores, onde se atopaban as súas presas.

O tiranosaurio, ó igual que todos os terópodos, era bípedo. As súas patas estaban dotadas dun tecido almohadillado que tamén funcionaba como resorte e, os estudios feitos ata agora, demostraron que tiña unhas patas bastante largas, o que lle permitía camiñar dando zancadas de ata 4m por cada paso, conseguindo así unha velocidade duns 42 km/h.

Dentes do T. rex

A súa gran mandíbula podía chegar a medir ata 1,4m e estaba chea de afiados dentes con forma curva duns 19cm. De feito, de todos os animais que camiñaron algunha vez sobre a terra, o T-rex é o que pose o mordisco máis potente podendo chegar a exercer con ela unha forza de entre 20.000 e 57.000 newtons.

Aínda non está moi claro o feito de que o Tyrannosaurus rex fose ou non endotérmico xa que os isótopos de osíxeno presentes nos fósiles que se utilizan para realizar este tipo de probas puideron ser alterados durante ou despois do proceso de fosilización.

Pegada do T. rex

O Tiranosaurus crecía a un ritmo duns 2.1 kg diarios, o que lle permitía alcanzar as seis toneladas de peso nos seus case 30 anos de vida.