Equinocio
Os equinocios son os momentos do ano nos que os días teñen unha duración igual á das noites en todos os lugares da Terra agás nos Polos. Coínciden cos cambios de estación.
A palabra equinocio ven do latín aequinoctium que significa “noite igual”.
Durante os equinocios o Sol está situado no plano do ecuador terrestre onde acada o cénito (o punto máis alto do ceo) e coínciden o paralelo de declinación do Sol e o ecuador celeste.
Os equinocios ocorren dúas veces ao ano
Equinocio do 20 ou 21 de marzo. No Polo Norte pásase dunha noite de seis meses a un día de seis meses. No Hemisferio Norte, pásase de inverno á primavera, polo que se chama equinocio de primavera. No Hemisferio Sur pásase do verán ao outono, polo que se chama equinocio outonal. No Polo Sur pásan dun día de seis meses a unha noite de seis meses.
Equinocio do 22 ou 23 de setembro. No Polo Norte pásase dun día de seis meses a unha noite de seis meses. No Hemisferio Norte, pásase do verán ao outono (equinocio outonal). No Hemisferio Sur pásase de inverno á primavera (equinocio de primavera). No Polo Sur pasan dunha noite de seis meses a un día de seis meses.
No ano no que nos atopamos (2011) o equinocio de primavera ocorreu o día 20 de marzo ás 23,21 horas.