Entroido reciclado ou reutilizado

19 Febreiro 2014
traxe de papel

Chega o Antroido e andamos dándolle voltas ao disfraz. Noutros tempos collíamos calquera cousa pola casa e vestiamonos de choqueiros, agora parece que o máis cómodo é mercar un disfraz feito.

O Antroido é unha ocasión para desenvolver a imaxinación e poñer en práctica a colaboración e o traballo en equipo. Tamén é unha oportunidade para aproveitar o que se atope pola casa e poñerse a deseñar algo orixinal. Os papeis, os cartóns os plásticos das bolsas e embalaxes, os retais de tecidos varios, a roupa vella... poden servirnos para crear algún modelos para pasar un día divertido gastando poucos cartos.

Nesta presentación, feita con fotos collidas da Internet, podedes ver algúns deseños de persoas de todas as idades, algúns incluso de profesionais da moda.