Entroido no Asorey
2 Marzo 2012
No Instituto Asorey celebramos o Entroido o venres 17 de febreiro. Cada grupo organizou un disfraz e fixo unha actuación. O primeiro premio foi para 3º ESO B e o segundo para 1º ESO C.
Participaron todos os grupos de ESO e os maiores non se animaron, so un grupo de profesores e profesoras que o fixeron moi ben.
Foi moi bonito e divertido. O importante é que o pasamos ben e que os que non gañamos non nos amargamos.