Entrevistamos á enóloga da adega Martín Códax

4 Decembro 2013
Martín Códax1

Comentounos como naceu esta adega e como foi a colleita des ano.

Como naceu esta adega ?

Esta adega naceu gracias a colaboración de 50 adegueiros que traballaban no cultivo do albariño e querían buscar unha maneira de comercialización.

En que ano naceu esta adega ?

Esta adega naceu no ano 1986.

Cantos socios tendes ?

Comezamos con 50 socios, houbo tres ampliacións máis, a última en 1997 acadando así aos 280 socios.

Coñeces algún dos fundadores ?

Si, coñezo.

Tendes colaboradores ?

Si, porque un día planteámonos se tendo máis capacidade de viño poderíamos extendernos a máis mercado. Xa que a uva sería da mesma calidade que a dos socios por estar as parcelas moi preto unhas das outras, porque o terreo aquí é minifundista.

Cantos enólogos sodes ?

Somos tres, repartimos tarefas e tomamos decisións conxuntas.

Cantas variedades de viño tendes ?

Temos 5 variedades de viño: Albariño, Loureiro, Caíño, Rías Baixas, que é a mestura a dalgún dos tres anteriores; e por outra parte, as mesmas pero en barrica.

Cantas hectáreas ten a adega a viña contando coa dos socios ?

Martín Códax

En total temos 3.200 hectareas

Que previsións tiñades para a colleita deste ano, as que foron ou outras distintas ?

Despois de facer un conteo durante todo o verán dos acios e da gomariza e o seu peso estimamos que colleráamos 5 millóns de kilos e eso foi o que recollemos.

Por onde está mais expandido o voso comercio?

Agora mesmo estamos vendendo a 50 países e os principais aos que vendemos son: Estados Unidos, Inglaterra, Alemania e Países Baixos.