Entrevistamos ao presidente da CEMMA

7 Abril 2013
entrevista CEMMA

Jose Martínez Cedeira, biólogo de formación, é presidente da CEMMA desde o mes de febreiro de 2012 e, cando asumiu esta responsabilidade, xa tiña gran experiencia na ONG, pois é socio dela desde hai máis de 15 anos. Así, durante desde o ano 2002 ata o 2008 foi responsable da Unidade Móbil de asistencia aos varamentos. Ademais ten participado en diversas campañas marítimas para o estudio e monitorización de cetáceos, sobre todo, en augas oceánicas. Entre os anos 2007 a 2010, estivo embarcado na costeira do bonito para estudar as poboacións de cetáceos; especialmente do rorcual común, pois un dos maiores intereses no estudo deste grupo de mamíferos é a súa interacción coa pesca. Concretamente é importante coñecer o impacto da mortalidade dos cetáceos por capturas accidentais con artes de pesca. Así, durante os anos 2008 a 2011, estivo traballando nesta liña dentro dos proxectos “Divulgando a pé de mar” e “LIFE+Indemares”.

Dentro das súas afeccións, cando dispón de tempo libre, gusta de practicar algúns deportes como mergullo, natación, kaiak e surf. Afirma, que de non haberse adicado á bioloxía, houbéralle gustado ser músico. A pesar do seu interese polo mundo mariño, sinte unha verdadeira paixón polo lobo ibérico e non so a nivel biolóxico, senón tamén a nivel mitolóxico, popular e social. Así que cando pode, visita o monte co seu telescopio para tentar observar a este animal no seu entorno natural.

Nesta ocasión Cristina Padín, alumna de 1º de bacharelato do IES Francisco Asorey, ten a oportunidade de entrevistalo para a revista A Buxaina.