Entrevistamos ao home das cunchas

3 Decembro 2010
cunchas-ex

Juan Maceira Vidal, ten sesenta anos e acábase de xubilar. Naceu na Estrada e vive en Cambados desde hai 23 anos. Foi profesor durante moito tempo no colexio de San Tomé. Colaborou con nós desinteresadamente prestándonos a súa colección de cunchas para facer a exposición e facendo visitas guiadas con diferentes grupos.

Cantos anos hai que coleccionas cunchas?

Comecei a comprar cunchas aos 14 anos, logo, con axuda dun libro, comecei a coleccionalas. En 1984 entrei na Asociación Malacolóxica.

Cantas cunchas tes na túa colección?

De2.500 a3.000.

Custouche traballo atopalas?

Ao principio sí, logo foi máis doado.

Cal é a cuncha máis valiosa da túa colección?

Cypraea valentina, pode andar polos 400-600 euros.

cunchas

Cal é a cuncha máis grande?

Tridacna gigas

Compaxinabas ben ir buscando cunchas mentras traballabas no colexio?

Si, aínda que antes tiña a colección na Estrada. Agora, ao tela en Cambados, xa é máis cómodo.

Agora que estás xubilado vas seguir coleccionando cunchas?

Si, agora xa podo facelo con máis calma.

Algún día venderás a túa colección?

Non, non teño pensado. Ao mellor dónoas, pero de momento non teño pensado facelo.

Con que curso che gustou máis traballar?

En xeral con todos, en especial os maiores porque están máis atentos e aprenden máis.

Cóntanos algunha anécdota

Cando vou á praia, en vez de bañarme busco cunchas. Unha vez fun pescar na ría de Arousa e vin unhas cunchas moi peculiares (Akera bullata), en vez de pescar adiqueime a collelas. 

cunchas-1