Entrevista a Xavier Lavandeira

O Asorey no Atlantic Workshop
28 Xaneiro 2013
Xavier Lavandeira

Xavier Labandeira é un economista e investigador vigués. Na actualidade é catedrático no Departamento de Economía da Universidade de Vigo e pertence, ademais, a Rede, un grupo de investigación no ámbito da enerxía e medioambiente.

O seu traballo está sendo  publicado nas revistas académicas do campo da enerxía e participa activamente en talleres e coloquios relacionados con este ámbito. Deste xeito,é, tamén, investigador visitante de universidades estranxeiras por toda Europa, Asia e América.

É tamén o director dunha organización investigadora privada, a Economics for Energy, co obxectivo de transmitir os coñecementos e concienciar á sociedade do país.

Finalmente, é tamén, o autor principal do Panel Intergubernamental da ONU sobre cambio climático, que está pendente de ser publicado en 2014.

O certo é, que fomos uns afortunados. Poder compartir opinións e ter en conta puntos de vista no campo da investigación e dun tema tan actual como as novas fontes de enerxía e o medio ambiente; foi unha experiencia incrible. 

Tanto economistas expertos internacionais como autóctonos, como é co caso de Xavier Labandeira, compartiron con nós os seus coñecementos e as alternativas propostas para o desenvolvemento óptimo nos campos da ciencia que se trataron; así como tamén a importancia de realizar reunións desta índole de forma regular.