Entrevista a Mon Daporta

2 Novembro 2011
becho estrano

Mon Daporta, profesor no colexio de primaria de San Tomé, debuxante e escritor de contos infantís tan coñecidos como os contos da Rata Luísa e colaborador da Buxaina, publicou hai pouco un un novo conto chamado O becho extraño. Falamos con el sobre este novo libro.

Cando empezou a túa afección  por debuxar e escribir?

Por escribir máis tarde, tiña algunha idea e pasábao ao papel sobre todo porque lle daba  clase aos nenos. E por debuxar eu creo que desde que nacín; eu sempre fixen garabatos. E por escribir, xa vos digo, cando empecei a traballar cos rapaces. Cando tiña algunha historia escribíaa e como vía que aos rapaces lle gustaba seguía facéndoo.

Pero empecei a facer isto en serio por Matías. Bueno, por Matías e por Elvira. Que ela foi a que lle ensinou os contos da Rata Luísa a un paisano de A Nosa Terra que veu por aquí e levounos á editorial; como xa estábamos traballando noutros proxectos coa mesma editorial díxome que que facían estes contos aínda sen publicar. E decidimos publicalos. E así é como pasan esas cousas: estás no sitio apropiado no momento oportuno.

Neste último libro, como surxiu a idea de facer unha especie de historia interminable?

As historias interminables son a miña debilidade. Gústame facer historias interminables. Esta non é a última, teño outras dúas que están sen publicar.

Gústanme. En esta, non sei, saiume dun tirón: estaba un día aquí cos da Rata Lúisa e nunha destas empecei a escribilo e ao chegar ao final dixen “podemos desfacelo”, dinlle á volta e xa está; quedou moi ben. Quedou máis ben tirando a entretenida.

Por que neste último libro non fixeches ti as ilustracións coma nos anteriores?

Cousas da editorial. Eles teñen un estilo e contan coa xente que cren que o fan ben. Pareceuelles mellor ese traballo ca o meu e como xa tiña medio compromiso con eles, non me opuxen.

Entón que che gusta máis: debuxar ou escribir?

A min debuxar. Pero despois escribir [risas]. E que eu debuxar é de sempre e pasa una cousa: debuxar podes facelo sempre aínda que ideas non teñas tódolos días. Desde poder copiar hasta poder transformar unha idea doutro paisano… Sempre podes traballar. Pero escribir, como non teñas unha idea, con que vas traballar? Non podes. Pero o de debuxar é como escribir: tes que practicar moito, ademáis de ter unas certas dotes.

Tamén participaches en libros sobre a natureza; por cales te inclinas máis: polos infantís ou por estes?

Son diferentes. A finalidade é distinta: os infantiles son paraentreter e facer pasar un bo rato divertido aos nenos. Pero os outros son principalmente para divulgar. Ademáis, eu non son a parte importante; a parte importante é Adela Leiro. Ela é a que fai  e desfai, proxecta… Os demáis só a axudamos, dámoslle consellos, etc. Pero son distintos: os infantís son creación propias e os outros son para ensinar o que hai e que o personal o coñeza.

Que che parece a idea de que o teu libro vaia chegar ata Asia?

Foi unha sorpresa grandísima descubrilo, aínda que chamáronme para dicirmo antes pero como eu como de estas cousas non vivo… Pois, non me preocupou e sorprendeume moito cando descubrín que estaba en coreano. Eu pensaba que as primeiras traducións, aparte das linguas ibéricas, ísn ser en italiano. Pero sorprendeume moitísimo o coreano. Pero non sei como farían a tradución porque o libro vai rimado e facelo tivo que ser difícil.

Para rematar, tes en mente algún novo proxecto?

Eu sempre estou “parindo “ [risas]. Fai unha tempada que debuxos non, pero historias… Non é unha cousa que fagas constantemente pero, por exemplo, agora no colexio estamos co conto de Carapuchiña, e como Elvira medio me picou, fixen alguna que outra cousa. Así que ás veces danche a idea pero outras simplemente sáeche. Teño moitas cousas escritas por ahí pero están gardadas e, bueno, quedaránse aí. Seguro.