Entrevista a Manuel Díaz

Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento
10 Febreiro 2011
Sotavento-1-11-4

Aproveitando a visita que fixemos ao Parque Eólico de Sotavento entrevistamos a Manuel Díaz Fernández, quen leva traballando oito anos como responsable da área Educativa e Divulgativa.

Cal é a finalidade do Parque Eólico Sotavento?

Educación Ambiental centrada na enerxía, Investigación: tecnoloxía de distintos tipos de máquinas eólicas e distintos sistemas de enerxías renovables e as súas problemáticas...;  actividades de I+D+i en colaboración coa Universidade, cursos de formación técnica e tamén produción de enerxía.

Cal é a produción anual de enerxía eléctrica?

38.000 Mwh.

De quen depende?

O 51% de capital público e o 49% privado de distintas empresas do sector eólico.

Por que se escolleu este lugar?

Pola súa situación céntrica, relativamente ben comunicada e achegado á costa.

Canto tempo tardou en construíse?

O parque un ano. Pero seguimos ampliando con novos proxectos constantemente.

Canto tempo leva funcionando?

Case dez anos.

Canta xente traballa no parque?

Cinco persoas en divulgación (3 mestres e dous enxeñeiros) e tres técnicos (un enxeñeiro e dous electrotécnicos). Ademáis están os técnicos de mantemento das máquinas das distintas empresas.

Que proxectos tendes?

Os proxectos elaborámolos en función das demandas da xente que nos visita. Hai pouco que estreamos a casa bioclimática e temos en estudo a construcións dun coche eléctrico.

Cantas visitas recibe?

21.000 ao ano.

Que tipo de visitas son as máis comúns?

Escolares de todos os niveis, visitas de especialistas e grupos de todo tipo. O maior número é de escolares.

Cóntanos algunha anécdota.

Durante unha visita un ministro de Iaser Arafat chamou por teléfono ao seu presidennte para contarlle o entusiasmado que estaba e facer algo no seu país.

Un momento moi importante foi a visita dun grupo de máis de douscentos europarlamentarios que se interesaron moito polo funcionamento do parque.

Temos un libro onde anotamos as meteduras de pata dos alumnado e tamén algunha nosa.

Por exemplo á pregunta en que se mide a velocidade do vento un neno respostou en aerómetros; para que serve unha batería?, para bateriar.