Entrevista a Juan Pablo Montero
Juan Pablo Montero é un economista chileno é profesor na PUC (Universidade Pontificia de Chile) e investigador para o MIT (Massachusetts Institute of Technology), e ten unha ampla formación académica nos Estados Unidos.
Montero especializouse no ámbito da economía medioambiental e actualmente é un dos expertos en microeconomía máis destacados do mundo. Este académico chileno publica, periódicas e interesantes investigacións relacionadas coa economía e as fontes de enerxía en revistas como Journal of Economic ou American Economic Review; dúas das revistas máis importantes, especializadas en medio ambiente e economía.
Ter a oportunidade de poder entrevistar a expertos en desenvolvemento económico de talla mundial, como é o caso de Juan Pablo Montero, foi unha experiencia única para nos e mostrounos a importancia de xuntanzas, como a celebrada na Toxa, que son vitais para o desenvolvemento das enerxías alternativas e para chegar a aplicar políticas sostibles medioambientalmente.