Un enorme tornado arrasa Oklahoma

O pasado 20 de maio produciuse en Oklahoma un tornado de intensidade F4, con ventos superiores aos 350 km/h. Causou 91 mortes (vinte nenos e nenas).
1 Xuño 2013
tornado Oklahoma

Desprazouse durante 32 km e tocou terra durante 40 minutos devastando todo ao seu paso. O día 2O de maio ás 2:56 p.m. o  tornado chegou a Moore (Oklahoma, EE.UU). En 50 minutos houbo 24 mortes e 337 feridos e unha chea de destrozos (vivendas, vehículos, comercios ...). Entre as 24 mortes, 9 delas foron nenos dun colexio, no que os bombeiros estiveron buscando os corpos.

Un tornado é un fenómeno meteorolóxico que consiste nun remuíño de vento que xira a gran velocidade destruíndo todo canto atopa ao seu paso. Ten forma de gran cheminea industrial. A súa orixe é unha nube grande tormentosa, dende a cal vai xurdindo o tornado ata chegar a manter contacto coa terra. Dentro del o aire xira a gran velocidade como se fose un funil ou o desaugadoiro dunha pila.

Os tornados mídense por unha escala de intensidade de F1 a F5.

O tornado de Oklahoma orixinouse nunha zona coñecida como “o calexón dos tornados” (Tornado Alley), nas grandes chairas dos EEUU, entre as Montañas Rochosas e os Montes Apalaches, onde conflúen a cotío masas de aire quente e frío. Durante o mes de maio esta zona rexistra gran cantidade de tornados e tormentas debido ao choque das masas de aire quente que veñen do sur (do Golfo de México) e as frías do norte. O tornado desta ocasión destaca polo seu diámetro (máis de 2 km2), cando a maioría dos tornados non pasan dos cen metros.

ALGUNHAS CURIOSIDADES:

-En 1999 houbo un tornado en Oklahoma de intensidade F5 con ventos da máis de 500 km/h.

-En España o tornado máis intenso (F3) tivo lugar en Madrid en 1886 e causou 47 mortos.

-En Galicia prodúcense ocasionalmente pequenos tornados. Cando se producen sobre o mar chámanse trombas mariñas.