Enlaces químicos á vista

1 Xuño 2013
nanografeno

Científicos do centro de investigación IBM en Zúrich conseguiron diferenciar por primeira vez os diferentes enlaces químicos existentes entre moléculas individuais, empregando a microscopía de forza atómica, unha técnica que cada vez ten máis aplicacións e que naceu nese mesmo laboratorio no ano 1986.

A investigación contou tamén coa participación do centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela.

Como recolle o número do catorce de setembro da revista Science, os científicos do IBM visualizaron a orde e a lonxitude  de enlaces individuais entre átomos de carbono en nanoestruturas de fullerenos e en dous hidrocarburos policíclicos aromáticos (PAHs), que se asemellan a pequenos copos de grafeno. O centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela e o Centre National da Recherche Scientitique (CNRS) de Toulouse foron os encargados de realizar a píntese pos PAHs

Os resultados deste descubrimento levan máis lonxe as investigacións sobre a utilización das moléculas e átomos á escala máis reducida. Este descubrimento podería ter unha grande importancia para o estudio de dispositivos fabricados con grafeno.

Actualmente estase estudiando a aplicación destes dispositivos en ámbitos como as comunicacións inalámbricas de banda ancha ou as pantallas electrónicas.