Enfermidades do sono

6 Xuño 2012
sono

O pasado 18 de marzo celebrouse o día do sono. Todo ser humano precisa durmir un mínimo de 6 ou 8 horas cada día. 

Pasar unha noite sen durmir equivale a andar3 Km. Pero hai persoas que non teñen a sorte que temos case todo o mundo de conciliar o sono facilmente, pois hai varias enfermidades relacionadas cos trastornos do sono, que incluso poden levar á morte, xa que cando non dormes o teu sistema inmunolóxico debilítase, logo podes enfermar de calquera cousa. Estás malhumorado, mórrense un gran número de neuronas e para repoñer a enerxía perdida comes máis e con máis calorías.

Hai máis de 100 enfermidades distintas relacionadas co sono, pero estas enfermidades poden agruparse en catro categorías:

-Problemas para conciliar o sono e permanecer durmido.

Coñécese coma o insomnio e son das máis comúns. Hai varios tipos: cóstache conciliar o sono ao meterte na cama, espértaste frecuentemente durante toda a noite ou espértaste pola mañá antes do planeado.

-Problemas para permanecer esperto.

O hipersomnio pode derivar noutras tres enfermidades así como a mononucleoses ou outras enfermidades virais. Obesidade. Narcolepsia, que consiste en quedarse durmido en calquera momento e de repente.

-Problemas para manter un horario regular de sono.

Estas enfermidades danse frecuentemente en persoas que teñen un traballo con horario rotativo, ou con traballos onde teñen que estar vixiando constantemente as vintecatro hora do día, ou estudiantes.

-Comportamentos non frecuentes durante o sono.

Nesta categoría podemos distinguir dúas enfermidades. Os terrores nocturnos consiste en que frecuentemente soñas ca mesma cousas ou non que soe ser unha pesadelo e te levantas atemorizado. Ou o somnambulismo que consiste en realizar actividades mentres estás durmido. 

No mundo animal, atopámonos con algúns que non precisan permanecer durmidos, xa que cando están cansos so medio cerebro descansa mentres o outro permanece alerta, e así pasan o día, alternando as dúas partes do cerebro para descansar. Algúns deste animais son os coellos, a maioría das aves, os golfiños...