Enerxías para tod@s
3 Maio 2012
O Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas da Universidade Carlos III de Madrid, está desenvolvendo tecnoloxías axeitadas para países subdesenvolvidos.
Algunhas das iniciativas que se están levando a cabo son secadores solares para alimentos, microturbinas hidráulicas, cociñas solares e bombas manuais de auga de baixo custe.
O laboratorio ten unha triple finalidade: Docente, de asistencia técnica, e de investigación e desenvolvemento. Primeiro, achegarlle aos estudiantes as tecnoloxías apropiadas de uso común en proxectos de desenvolvemento. Segundo, ofrece asistencia técnica e proporciona apoio a ONGs ou outras organizacións. Por último, permite desenvolver proxectos de investigación centrados en problemas específicos e aplicar melloras.