Enerxía nuclear

5 Abril 2012
e nuclear

A enerxía nuclear é a que liberan os núcleos dos átomos. Pódese producir por unión dos núcleos (fisión) ou por rotura (fisión).

A fisión prodúcese de forma natural nas estrelas e de forma experimental nos reactores mediante microexplosións termonucleares que se orixinan cando a luz de laser ou raios X inciden nunha bola de deuterio e tritio para comprimila e facela chegar a 100 millóns de graos centígrados. A enerxía producida por fusión sería moi útil e limpa. Non tería efectos secundarios porque a xeración de enerxía detense cando baixa a temperatura.

Á enerxía de fisión libérase ao romper os núcleo dos  átomos. Durante a fisión os núcleos liberan neutróns que poden volver producir novos choques dando lugar a reaccións en cadea. Estas reaccións controladas aprovéitanse como fontes de enerxía calorífica nos reactores nucleares. Se non se controlan prodúcese o efecto da bomba atómica.

En medicina emprégase a radioactividade, sobre todo, para destruir cancros.    

A fisión foi descuberta no 1938 polos físicos alemáns Otto Hahn e Friz Strassmann.

No 1942 Enrico Fermi puxo en marcha  a primeira “pila atómica” e consigueu a primeira reacción en cadea. No 1945 un equipo dirixido por Oppenheimer construeu a primeira bomba atómica que se probou no deserto de Novo México.

Os Estados Unidos utilizaron por primeira vez a bomba atómica en accións de guerra para bombardear as cidades de Hirosima e Nagashaki no Xapón.
Arredor deste tipo de enerxía hai moita polémica polos graves riscos que conleva.