Enerxía eólica en Sotavento

7 Outubro 2013
Sotavento eólica 1

No Parque eólico de Sotavento hai un montón de aeroxeradores que se empregan para obter enerxía eléctrica.

As pás dos aeroxeradores son de varios tipos. Algúnhas teñen un sistema semellante aos “flaps” dos avións que se xiran para frear cando hai moito vento.

Os aeroxeradores levan uns aparellos para medir en todo momento as condicións do vento: anemómetro (para a velocidade) e cataventos (para a dirección).

Sotavento eólica

Están controlados por un ordenador onde aparecen todos os datos. No interior da góndola está o conxunto de mecanismos que transforman a enerxía do vento en enerxía eléctrica. Cando te pos a carón dun aparello destes da un pouco de medo porque son enormes e pensas que vai saír unha pa voando.

Nunha sala teñen unha exposición de muíños de varios tipos: de eixo vertical, de eixo horizontal, de dúas pas…

Tamén teñen papaventos para que poidamos aprender a voalos.