Enerxía eléctrica con papaventos

7 Outubro 2013
papaventos en-electrica

Estase a traballar con varios deseños de xeradores eléctricos que aproveitan a enerxía do vento con papaventos.

A empresa italiana “Kitegen” creou un  sistema de xeración de enerxía eólica con papaventos que voan a unha altitude de 1.000 metros, en lugar das hélices convencionales.

Os movemementos dos papaventos  son controlados por unha computadora que calcula o mellor ángulo e a posición en que captura os ventos máis fortes . A enerxía xérase cando o vento sopla e move o papaventos dun lugar a outro facendo xirar a estrutura que conta cun xerador que transforma a enerxía mecánica en enerxía eléctrica.

Central en forma de tiovivo.

Un sistema semellante, de maior tamaño, funciona a xeito de carrusel. A estrutura (de máis de 100 m de diámetro) faise xirar cun conxunto de papaventos e pode acadr os 500.000 watios

papaventos en-electrica1