Enerxía do hidróxeno para o futuro?

12 Xaneiro 2013
pila hidróxeno

Como motivo do remate deste ano, recordamos que o 2012 foi o período dedicado ao ámbito das enerxías. Obviamente, o principal obxectivo foi concienciar, ou intentalo, á poboación da importancia da búca de enerxías renovables, as cales nos poden achegar, un futuro óptimo, esquecéndonos da dependencia que temos cara ao carbono, petróleo ou gas natural, que rematarán por esgotarse.

Dende hai uns anos para atrás, a enerxía que tomou máis protagonismo, principalmente por ter máis usos na vida cotiá, foi a enerxía do hidróxeno, que se emprega, por exemplo, nos coches eléctricos. A desvantaxe desta opción é que, a diferencia doutras fontes enerxéticas, o hidróxeno non se obtén directamente da natureza, senón que debe ser xerado, mediante unha achega de enerxía. A reacción mediante a cal se transforma hidróxeno é similar á da fabricación de pilas combustibles. Estas converten a enerxía química en enerxía eléctrica mediante unha reacción electroquímica. As pilas de combustible precisan dun subministro de hidróxeno e osíxeno para producir electricidade. Finalmente, o hidróxeno e o osíxeno penetran na célula, o que produce a reacción electroquímica.  Esto significa que a enerxía do hidróxeno é limpa e non contamina; ademais de que é reciclable, xa que a súa vía de escape é a auga. Non obstante, é importante destacar, que nesa reacción nunca se obtén máis enerxía da que se consume, e que ademais a súa obtención supón moitos gastos económicos, o cal é un gran contra na industria enerxética.

Aínda así, na actualidade estanse a investigar e procurar métodos que permitan mellorar a obtención de hidróxeno, baseandose, principalmente na obtención dun catalizador óptimo, o cal debe aumentar a potencia e o rendemento das pilas de combustible. A día de hoxe estos catalizadores son materiais nobres como o platino, pero crese que nun período non moi longo, estos catalizadores serán máis rentables, inspirados nalgúns microorganismos.

De todo isto, podemos concluír, que o hidróxeno foi considerado a salvación da enerxía renovable do século XXI, no cal se tiñan postas moitas esperanzas. Aínda así, a pesar dos contras e obstáculos, fundamentalmente económicos, deberíase continuar por este camiño e investir  tempo e diñeiro na investigación, que é o que suporá, en definitiva, o noso avance.