Enerxía do hidróxeno

5 Abril 2012
e hidróxeno

Parque Eólico de Sotavento

O hidróxeno é o combustible con maior capacidade enerxética que se coñece (tres veces máis que a gasolina e o gasóleo) e o menos contaminante porque ao  arder combínase co osíxeno e produce como resíduo vapor de auga.

Emprégase como combustible nas naves espaciais e para soldaduras. Xa existen prototipos de coches impulsados por hidróxeno e hai proxectos de instalacións de grandes centrais fotovoltaisca e eólicas para a producción de hidróxeno por electrolise da auga.

O hidróxeno obtido almacénase en  forma líquida para a súa posterior distribución. Empregarase para motores de gas, células de combustión, centrais xeradoras de corrente eléctrica...