Enerxía Xeotérmica
A enerxía xeotérmica xérase a partir da calor almacenada no interior da Terra que xurde xeito natural en mananciais ou pódese extraer por diferentes métodos.
É unha enerxía limpa e teoricamente inesgotable.
A enerxía xeotérmica é coñecida e utilizada desde a antigüidade. Plinio o Xoven descríbe nos seus relatos o uso de augas termais para os baños e como fonte de calor para o acondicionamento de vivendas e locais de recreo.
En Galicia hai numerosas fontes de augas termais repartidas por todo o territorio que foron usadas xa polos romanos e que deron lugar a nomes como Caldas, Caldelas, Baños de Molgas. Tradicionalmente utilizáronse con fins terpeuticos e moi ocasionalmente como fonte de auga quente.
As mellores condición para o emprego de enerxía xeotérmica dánse nos países con actividade volcánica pero pode empregarse en calquera lugar facendo perforacións.