Enerxía sostible para tod@s

2 Febreiro 2012
2012-Enerxía

Este ano, o 2012, foi proclamado como o “Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos”, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, debido á gran importancia da enerxía para o desenvolvemento sostible. Esta declaración realizouse coa intención de concienciar ás persoas para que comecen a utilizar, en maior grado, esta enerxía, produto de fontes renovables ou doutras fontes con poucas emisións á atmosfera.

A falta de acceso á enerxía non contaminante por parte dos países subdesenvolvidos, obstaculiza notoriamente o seu desenvolvemento social e económico. Constituíndo un dos problema máis importante para conseguir os “Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio”

Así mesmo, esta grande inaccesibilidade á enerxía moderna é un problema que afecta a 1.400 millóns de persoas. Ademais, hoxe en día hai 3.000 millóns delas que dependen da biomasa tradicional e do carbón como principais fontes de enerxía.

Co lema “Empresas Cooperativas construír un mundo mellor”, propóñense fomentar o crecemento e a creación de cooperativas en todo o mundo. Así mesmo, as comunidades, as ONG (asociacións non gubernamentais) e as axencias de goberno recoñecen o papel fundamental que desempeñan estas cooperativas.

Este ano 2012 promete unha diminución das emisións que chegan a atmosfera anualmente. Sen embargo, esta labor está en mans de todos, pois soamente se pode conseguir un planeta máis san e habitable se colaboramos. Para aumentar este sentimento de implicación faranse artigos, presentacións ou vídeos de concienciación, tales como este.