Enerxía solar fotovoltaica

4 Xaneiro 2012
e s fotovoltaica

Converte directamente a enerxía luminosa en enerxía eléctrica. Cando a luz incide sobre as placas fotovoltaicas fai que os electróns salten dos átomos e xeren unha corrente eléctrica. O ciclo non se interrompe mentras reciba enerxía solar.

O efecto fotovoltaico foi explicado por Hertz en 1897, pero foi Einstein o que apoiandose na teoría dos cuantos ou fotóns de Plank lle deu a interpretación teórica.

O material máis empregado para construír as células solares é o silicio cristalino, que ten un rendemento do 15 ao 20 %. O silicio amorfo ten un rendemento do 10,6% pero ten a vantaxe de que se pode adaptar a calquera forma (tellas). Nas aplicacións espaciais estase experimentando con materiais de maior rendemento (ata un 25%) como o arseniuro de galio ou o telururo de cadmio.

A enerxía solar dispoñible varía nas distintas zonas do mundo. Para conseguir o maior rendemento débese procurar que os raios de luz incidan perpendicularmente sobre a superficie dos paneis, polo que estes deben estar inclinados de acordo coa latitude de cada lugar. Os módulos solares situados no Ecuador producirán a cantidade máxima de enerxía cando se sitúen horizontalmente. En Galicia a inclinación aproximada é de 35º.