A enerxía eólica

3 Febreiro 2012
e eólica

Parque eólico Sotavento

A enerxía eólica aproveita a enerxía das correntes de aire para mover distintos aparellos para desprazarnos, mover mecanismos ou xerar enerxía eléctrica.

É unha enerxía renovable e inesgotable que se emprega desde tempos moi antigos para impulsar embarcacións con velas.

A enerxía cinética do vento transfórmase en enerxía mecánica por medio de diferentes aparellos (velas, pas, rotores...) e aprovéitase para mover barcos, facer funcionar máquinas ou xerar electricidade.

Actualmente a enerxía eólica úsase fundamentalmente para xerar corrente eléctrica e impulsar embarcacións.

Galicia é unha potencia europea e a comunidade do Estado Español que produce maior cantidade de enerxía eléctrica de xeración eólica con aproximadamente 29.300 GWh de potencia o que representou no pasado ano un 29% da producción total de enerxía eléctrica.