Enerxía piezoeléctrica
Na foto pode observarse uns pés debuxados, pero de que se trata? Pois ben, estes non son máis ca uns paneis denominados placas piezoeléctricas, formadas por cristal de cuarzo e que se alimentan da enerxía xerada por esforzos mecánicos, como a enerxía das pulsacións (neste caso dos pés das persoas), transformándoa en enerxía eléctrica.
Estas foron as protagonistas, hai un ano, no “Nadal de Shibuya” (Xapón), sendo a fonte de alimentación das luces de Nadal da estación de metro desta mesma cidade.
A enerxía xerada non é abrumadora, ven sendo un panel de60 metroscadrados que xera 0,5 vatios por cada pisotón dunha persoa de60 kg, pero se se realiza continuamente pódese almacenar bastante, obténdose un apreciable beneficio. Tamén é unha enerxía moi prometedora para a nanotecnoloxía, onde xa se deseñou un pequeno dispositivo piezoeléctrico, que permite, grazas ao noso movemento, xerar a suficiente enerxía para facer funcionar pequenos aparatos, como un MP3, o móbil, … E tamén, nun futuro, existe a posibilidade de que se empregue para dar electricidade a un marcapasos grazas ao movemento do pulmón ao respirar.
Hai uns meses, nun partido de fútbol en España, puxéronse placas piezoeléctricas en todo o estadio de forma que todo o público, ao moverse e saltar para animar ao seu equipo xeraban enerxía que foi enviada a un pobo moi pobre e uns dos menos habitados de España, alimentando a unha televisión xigante de LEDs, o que permitiu ao pobo poder gozar do partido sen ningún inconveniente.