Enerxía hidráulica

2 Marzo 2012
e hidráulica

Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo un movemento de rotación que se transmite ao eixo. Para que a auga exerza maior presión sobre a roda constrúense canles e rampas para forzar a entrada.

A potencia dun aproveitamento hidráulico depende da altura e do caudal (volume de auga que circula nun punto na unidade de tempo)    

O aproveitamento da enerxía hidráulica ten a súa orixe nas rodas chinesas de acción, hai máis de 4.000 anos.

Os gregos utilizárona para mover mecanismos (muíños) de roda horizontal e máis adiante os romanos perfeccionaron a técnica e aplicaron a roda vertical para elevar auga e mover muíños e engadíronlle engranaxes para desenvolver unha maior velocidade de rotación.

A maioría dos enxeños que se desenvolveron máis adiante teñen a súa orixe en deseños destas épocas que, moitas veces tardaron anos en aplicarse de xeito práctico.

Na actualidade a enerxía hidráulica úsase case exclusivamente para a xeración de enerxía eléctrica.