Enerxía do mar

1 Marzo 2012
e mar

A enerxía do mar é un recurso inesgotable e limpo moi pouco explotado. Os mares e os océanos son xigantescos acumuladores de enerxía. Acumulan enerxía mecánica nos movementos das ondas, mareas e correntes e térmica na auga. Ademais a auga do mar podería ser unha fonte para obter hidróxeno ou deuterio, os combustibles do futuro.

A primeira, e máis aproveitada, fonte de enerxía do mar foi a das mareas para mover muíños de cereais. Hai referencias do seu uso en Basora, no Golfo Pérsico, no século X e en Europa desde o século XI. En Galicia aprovéitouse a enerxía das mareas para mover muíños desde o século XVI (o primeiro que aparece documentado é o de Acea de Ama en Culleredo) -

As primeiras experiencias do aproveitamento da enerxía do mar para obter enerxía eléctrica fixérona os cultivadores de ostras en Husum, unha pequena illa alemana do mar do Norte que instalaron nos seus parques de cultivo (unha serie de piscinas separadas do mar aberto por unha pequena presa) unha turbina e un  xerador eléctrico de pequenas dimensións.

No 1966 púxose en marcha a primeira central mareomotriz enLa Rance(Francia). No 1968 instalouse a de Murmansk (Rusia), no mar de Barents. No 1984 contruíuse en Canada a central da Badía de Fundy.

No século XVIII fíxéronse as primeiras experiencias para aproveitar a enerxía das ondas. Xapón foi o primeiro país que as aproveitou para producir enerxía eléctrica no 1945, seguido de Noruega (1990) e Reino Unido.

En Galicia levouse a cabo no 1990 o proxecto “Olas1000”nas costas de Arteixo.

Para aproveitar as diferencias térmicas xa se fixeron experiencias en 1930 na illa de Cuba.