EE UU investiga se o Estado Islámico usou gas cloro en Irak

3 Decembro 2014
gas cloro

O cloro é un compoñente habitual na industria e véndese de forma legal, pero tamén pode empregarse como precursor dunha arma química, que era moi frecuente hai un século na Primeira Guerra Mundial.  As bombas de cloro son doadas de utilizar pero violan a Convención de Armas Químicas.

O gas cloro é extremadamente perigoso. En pequenas cantidades afecta ás vías respiratorias, produce tos con flemas e altera o ecosistema, acabando con plantas ou animais. Por outro lado, en grandes cantidades o gas cloro é mortal, por iso é tan temido e perigoso.

A Organización para a Prohibición das Armas Químicas (OPAQ), denunciou en Setembro o uso "sistemático" do cloro como arma de guerra en varias localidades do norte de Sirya, azoutada dende hai máis de tres anos por unha sanguenta guerra civil.

Ao parecer, un total de 11 axentes de policía tiveron que ser hospitalizados polo ataque levado a cabo polo grupo yihadista Estado Islámico (EI), o pasado 15 de setembro, despois de que presentasen mareos, vómitos e dificultade para respirar, no que foi diagnosticado polos médicos como envelenamento por cloro, aínda que todos eles sobreviviron.

Actualmente, O  Goberno de EEUU está investigando se o grupo extremista, autondenomiado EI, realizou estes feitos. Estas acusacións son extremadamente graves e o Goberno está buscando información adicional para poder determinar se poden confirmalo ou non.

gas cloro1