E ti, de quen ves sendo?

29 Abril 2014
cerebro

Todas as persoas maiores, e non tan maiores, acostuman a esquecerse de certos detalles da vida cotiá, como por exemplo onde deixou as lentes ou que era o que tiña que mercar, etcétera. 

Pero ante isto non hai necesidade de alarmarse. Resulta que no noso cerebro atópanse unhas subunidades que nos axudan a recordar as cousas, pero que día a día vanse perdendo, polo que unha persoa maior pode ter a metade de cando era mozo.

Unha investigación sobre estes procesos químicos afirmou que a pérdida de memoria coa idade, a parte dos problemas graves como o Alzheimer, é algo natural da vida, e é un proceso que está en marcha dende que nacemos. Porén, os expertos din que non ten por que ser así xa que son procesos biolóxicos que se poden retrasar ou previr.

Os receptores NMDA onde se atopan estas subunidades non están activos todo o tempo xa que necesitan un estímulo moi forte para activalos e poder recordar cousas. Por exemplo, algo cotiá esquécese con facilidade, pero un accidente de coche marca permanentemente a nosa memoria. Ademais estes receptores desempeñan un papel fundamental no aprendizaxe, por iso os nenos, que teñen moitos, absorben máis recordos e aprenden cousas novas con maior rapidez.

cerebro1

O mellor consello para conservar a boa memoria é manter o cerebro en continua actividade. Debemos romper con vellos hábitos, facer exercicio físico e mental e manter unha boa dieta, desta forma axudamos ás subunidades a estar en funcionamento. Tamén existe unha terapia xenética, tan só probada en ratos, que consiste na implantación dun virus que axuda a levar ADN complementario ás células apropiadas para restaurar algunhas subunidades. Pero estas vías aínda se deben seguir explorando.