E sempre queremos máis

8 Abril 2013
Porto deportivo Sanxenxo

Porto deportivo de Silgar en Sanxenxo

Nas zonas costeiras é moi común atoparnos con multitude de construcións como espigóns e portos deportivos, pero, que son e para que se serven?

Os espigóns son estruturas saíntes que se empregan para protexer bancos de area, praias ou controlar o curso da auga.

Pero non todos os espigóns cumpren a súa función, existen casos, tanto nas nosas costas como no estranxeiro, onde en vez de facer un bo servizo, o que fan e destruír a paisaxe e polo tanto os ecosistemas que se atopan nesa zona. Un exemplo cercano é a praia de Silgar, onde supostamente a modificación da lonxitude do espigón xunto coa construción dun porto deportivo provocou que fora necesario o aporte de 90.000 metros cúbicos de area nun primeiro momento, e posteriormente o engadido de 60.000 metros cúbicos máis.

Porto de A Mosqueira en Moaña

Porto de A Mosqueira en Moaña

Á hora de construír un espigón hai que ter en conta diversos factores entre os cales se atopan a localización, a lonxitude e a forma do mesmo, así como a pendente e a altura da cresta. Tamén son moi importantes os materiais empregados, xa que afectarán directamente a permeabilidade e polo tanto á variación da súa erosión. Así ocorre no caso de A Mosqueira, en Moaña, onde aparece un problema no terreo cando pretenden ampliar o tamaño do muelle aumentando a prolongación do dique. A solución pasaría pola realización dunha obra de enxeniaría en lugar dun cambio de ubicación.

A construción de espigóns ten vantaxes e inconvenientes. Entre as vantaxes podemos salientar que a supervisión da súa conservación é sinxela e o coste disminúe co paso do tempo. Por outra banda como inconvenientes debemos comentar que reducen o ancho da canle, que  supoñen unha perda adicional de enerxía e que non protexen toda a beira.

Calquera modificación realizada nun espigón xa construído ou a creación dun novo pode provocar un cambio de corrente. Isto pode ser devastador se a zona é de marisqueo, xa que pode desaparecer toda a area dese lugar e polo tanto erradicar o cultivo, e como consecuencia o traballo de moitas persoas.