E o mundo non rematou en 2012!!!
A xente estaba agardando a que chegase o fin do mundo en cambio non chegou.
No instituto algúns querían morrer para que non nos dera tempo a coller as notas pero en fin....Non hai quen nos libre dos suspensos......
De onde saíron esas ideas e por que tiveron tanta difusión?
É dificil de explicar con poucas palabras. Habería que facer todo un estudio da historia dos maias e da súa maneira de explicar o tempo e como moitas persoas amigas de facer predicións catastrofistas aproveitaron unha “interpretación” dun fin de ciclo dos maias como fin do mundo. Ademais coincideu que o Sol pasaba polo centro da Vía Láctea durante o solsticio de inverno, un feito que ten lugar cada 26.000 anos.
Segundo o calendario maia, o 20 de decembro de 2012 foi o último día do baktún número 12 e o 21 o primeiro día do baktún número 13, o equivalente ao que significa para nós un cambio de século. E os cambios de século sempre se asocian a presaxios de catástrofes.
A idea do fin do mundo tivo tanta aceptación que a NASA recibeu millóns de peticións de información e puxo un apartado na súa páxina web titulado "Beyond 2012: Why the World Won't End" (Máis alá de 2012: Por qué o mundo non rematará) no que científicos desmitificaban os rumores de que un evento inusual acabaría coa Terra.
Pero o que sí é probable é que o mundo, tal como o coñecemos, remate dentro de 5.000 millóns de anos, cande remate a combustión do sol e explote achicharrando o planeta….
Ou, se cadra, antes acabamos con el nós mesmos.
http://es.wikipedia.org/wiki/Fen%C3%B3meno_de_2012