Como é a forma dunha pinga de auga en caída libre?

28 Marzo 2014
pinga auga

Unha pinga de auga aparentemente é ancha e redondeada por enrima e estreita e puntiaguda por debaixo, como unha bágoa. Así é como no la ensinan desde pequenos pero non é o correcto.

A pinga de auga en realidade ten unha forma esférica, e para que isto sexa así non deben existir forzas exteriores, só as forzas de cohesión entre as moléculas. Sen embargo, isto non ocorre na nosa vida cotiá xa que unha forza que nos acompaña sempre é a gravidade. Deste modo, a auga dun vaso adquire a súa forma, e a superficie mantense horizontal mentres está en repouso xa que a forza gravitatoria exercida sobre as moléculas do líquido, é maior a que existe entre as moléculas. Pero que pasa cunha pinga en caída libre?

Un corpo en caída libre compórtase da mesma forma que se estivese en ingravidez. Polo tanto, unha pinga en caída libre, tenderá a adquirir forma de esfera. E é o rozamento do aire o que pode deformala xa que conforme aumenta a súa velocidade en caída, o rozamento aumenta tamén, diminuíndo a súa aceleración ata chegar a velocidade de caída constante, a velocidade terminal. Pero en ningún momento adquire a forma dunha bágoa.

Se o goteo é lento, podemos observar como o líquido, antes de caer mantense suspendido nunha pequena esfera que colga do resto do líquido, ata que o seu peso é demasiado grande e se desprende. Pero unha vez desprendida, tende a adquirir forma esférica (ou case).

pingas auga