Durmir para aprobar

4 Xullo 2011
durmindo

A cantidade e a calidade do sono inflúen no rendemento académico dos adolescentes. Así, aqueles xóvenes que durmen entre 6 e 9 horas obteñen mellores cualificacións en comparación cos que durmen menos de 6 horas.

Ademáis, estas diferenzas son máis significativas en materias como as matemáticas e educación física en comparación co ámbito socio-lingüístico, segundo o equipo de investigadores da Universidade de Granada. Isto pode deberse a que estas teñen unha serie de características que as fan máis susceptibles á influencia dos patróns do sono, segundo especifican os autores dese estudo. As matemáticas, por exemplo, xa que son de maior complexidade ca outras materias, requiren de conexións neuronais máis complexas, polo que se non se durme o suficiente non se poden levar a cabo como é debido.

Por outra banda,  tamén o tempo que pasa desde que se está na cama deitado ata que se consegue durmir (tamén coñecida como latencia do sono), comporta unha diferenza no rendemento: aqueles alumnos que se durmen nun tempo menor a 15 minutos obteñen os mellores resultados académicos que o resto. En cambio, os científicos observaron que as horas de deitarse e levantarse non inflúen de forma significativa nos resultados académicos, a excepción de aqueles que se deiten máis cedo e que se levantan máis tarde, xa que mostran un empeoramento notable nos resulatados académicos. No último estudo realizado a 592 estudantes de secundaria, de entre 12 e 19 anos, púidose comprobar que aqueles que durmen menos de noite obtiveron as peores calificacións.