A durmir!!

6 Xuño 2011
durmindo

Estudos recentes demostraron que durmir unha hora  adicional pola noite axudaría a controlar a obesidade infantil, mantendo un índice de masa corporal baixo, e estar menos exposto a obesidade nos 5 anos seguintes.

Tamén se contrastou que unha hora máis de sono diminuiría ata un 36% a probabilidade de que os nenos sufran sobrepeso.

Unha das causas é que durmir pouco aumenta a producción de ghrelina, unha hormona coñecida como a do crecemento, debido a que anima a comer máis, e diminúe a da leptina, outra que ten o efecto oposto, xa que reduce o apetito.

E ten outra causa máis evidente, pero que non podemos esquecer; se durmimos pouco temos menos ganas de facer exercicio.

A  relación ten un exemplo numérico claro: a taxa de nenos obesos ou con sobrepeso en España (arredor dun 30%) correspondese cos que durmen mal. Para combater isto recomendan que os adultos durman de 6 a 8 horas ao día, e os nenos 10 horas.

Aconsellan que non haxa televisores nos dormitorios, nin que lean na cama; non facer actividades que impliquen atención escesiva, e tampouco que tomen excitantes (café, té, tabaco) dende as 5 da tarde.

durmir-1