Doutor Canido

4 Xullo 2011
cans

Hoxe a mañá ollando o telexornal, sorpredeume unha noticia na que explicaban como un equipo de científicos do Xapón traballaban con cans que son capaces de detectar cancros.

Non só no Xapón se traballa con estes cans, senón que tamén se fai no Reino Unido e nos Estados Unidos. Unha das maneiras que teñen de detectar o cancro, neste caso de colon, e cheirando o ventre dos pacientes ou as feces dos mesmos. Tamén con só cheirar o alento son sabedores do problema. Non só detectan cancro de colon senón tamén outros tipos de cancro ou tumores.

cans1

Para este feito existe unha explicación, ademais da grande capacidade olfativa dos animais, os tumores emiten unhas baixas concentracións de compostos volátiles  que son expulsados a través do alento ou da respiración, e que non se atopan en tecidos.

No vídeo explica o entrenamento ao que foron sometidos os animais para poder chegar a detectar os cancros.

See video