Diamantes reveladores
Un grupo de investigadores atoparon nunha mina de Brasil diamantes moi pouco comúns formados a case 700 kmde profundidade, cando a maioría destas xemas fórmanse a 200 km.
Estes diamantes posúen unha serie de impurezas que deron pistas ós investigadores para reconstruír a súa historia xeolóxica. A orixe destes diamantes remóntase a material acumulado na codia oceánica que se afundiu ata o manto inferior, alí estes materiais foron expostos a unhas elevadas presións e temperaturas formando os diamantes, e as columnas emerxentes do manto inferior, transportaríanos ó manto superior, e debido a unha erupción acabaron finalmente no subsolo de Brasil.
Os diamantes de Juina son relativamente novos, xa que se formaron hai só uns 100 millóns de anos, mentres que a maioría dos diamantes teñen entre 1.000 e 3.500 millóns de anos.
Pero o que en este achado se demostra é que o ciclo do carbono prodúcese a máis profundidade da que se pensaba, acadando o manto inferior.
Coñecíanse xa estudos sismolóxicos que indicaban que o ciclo do carbono chegaría ó manto superior terrestre, onde grandes placas da codia oceánica, con sedimentos ricos en carbono, afundiríanse e mesturaríanse con rochas fundidas do manto. Tamén había algúns estudios sismolóxicos e xeoquímicos que apuntaban cara a maiores profundidades, ata o manto inferior, pero obter mostras en forma de rochas é moi complicado e os diamantes de Juina son unha proba directa.
Este descubrimento científico podería ter tamén utilidade no futuro, xa que o manto inferior posiblemente serviría como sumidoiro onde inxectar o CO2 atmosférico causante do cambio climático.