Un día nos muíños de Barosa

1 Xuño 2013
Barosa paula

O luns día 13 de maio os alumnos e alumnas de 1º de ESO visitamos o conxunto de muíños de “Barosa”. Alí pasámolo moi ben.

Primeiro explicáronnos como funciona un muíño e como é o proceso para moer (como se amosa no video). Despois subimos ao monte para observar as fervenzas dende o alto e, por último, fixemos bolos de pan.

Esta experiencia foi moi interesante, xa que aprendimos moitas cousas. Puidemos estar toda a mañán en contacto coa natureza e moi a gusto, xa que é un espazo moi coidado e limpo.

A min o que máis me gustou foi ver caer a auga das fervenzas e escoitar o son da forza coa que caía. Tamén me gustou poder facer diferentes tipos de bolos de pan, ou poderlle dar nós calquera forma.